domingo, 2 de diciembre de 2012

Cantiga de amigo (en galego)


Apareciches meu amigo,
o meu corazón levabas
na túa man queimada,
e aínda seguía vivo.
Non digas adeus,
porque non quero escoitar esas palabras esta noite

Faláchesme meu amado:
“Tes a túa vida
e eu teño a miña”
Deixastes de ser meu namorado.
Non digas nada esta noite
se quéresme dicir adeus.

Marchastes meu amigo,
deixándome na alba
coa lúa delgada
e co teu sol saído.
Non digas adeus,
porque non quero escoitar esas palabras esta noite

Desapareciches meu amado,
espero que nesta noite fría
sexas feliz como eu quería
xa que o noso está rematado.
Non digas nada esta noite
se quéresme dicir adeus.

(O refrán está extraído da canción "Don't say goodbye" de Skillet)