lunes, 1 de abril de 2013

Que estás disposto a facer pola liberdade? (en galego)


            I
Unha fermosa dama
camiñaba polo mar.
Cun leve son
a súa voz oín resoar.
Tiña una mirada
que me fixo imaxinar
o que se debe sentir
polo ceo camiñar.

Desde ese instante
non logro recordar
se este é o momento
de con ela xogar.
Cando noto o seu cabelo
coñezo o que é gozar.
Ao tocala na noite
non sinto os días pasar.

Todos son doces anos
ao seu lado estar.
Pero o día que chegaron
sentín o que é odiar.
O sangue do seu pescozo
vin derramar,
iso foi por non deixarse
por eles violar.

Intentei evitalo pero
seus golpes fixéronme parar,
pero coa miña vida
non conseguiron rematar.
Espertei nas sombras,
as lapas estábanme a abrasar.
Xurei que todo iso
ía a vingar.

         II
Adestreime  para poder
con eles rematar,
foron longos anos
sen poder descansar.
Despois busquei  un home
que me puidéra ensinar.
Grazas a e al miña vinganza
puido comezar.

Empecei atopando
quen a lográron asasinar.
Cando as súas vidas
estaban por rematar
comprenderon o seu erro
e comezaron a chorar,
pero o que fixeron
non se podía perdoar.

Os rumores xurdiron;
non se paraba de falar
dunha revolución
a punto de estoupar.

A xente axudoume
sen se decatar,
xa que grazas a eles
podíame camuflar,
e coa vinganza
poder continuar.
A fin da aguia vermella
estaba por chegar.

Logo outro e outro e outro máis
que acabei por asasinar.
Un nome, o meu nome,
medraba ao resoar.
A xente levantouse,
e comezou a  loitar.

Vencemos moitas batallas,
comezamos a gañar,
os nosos inimigos
estábanse a retirar.
Pero ao non poder máis,
axuda comezoulles a chegar.

Deron a volta á parede
para poder gañar
e a miña xente
comezou a minguar.
Poucos meses despois
decidiron abandonar,
mentres as filas dos meus
comezaban a desexar
que non tiveran
un mal rematar.

Pronto só quedei  eu
na miña loita particular.
Quería a nosa liberdade
para como tal podela usar,
así para lles dar valor
o mellor golpe quixen dar.

         III
O seu alto xeneral
empezou a falar,
coas súas palabras
a xente comezouno a adorar
simplemente con oír
unhas sons escapar
dos seus beizos
que eu ía arranxar.

Sen se notar a xente
comeceina a apartar
cara o meu destino
poder chegar.
Estaba cheo deles
pero non pensei parar
era unha rúa sen saída
a punto de rematar.

Comecei a correr cara el ,
iso fíxome destacar,
e as súas olladas
sobre min quixéronse pousar,
pero xa todo daba igual
xa que o meu aceiro puido acougar.

Espertei nun lugar escuro
no que me esperába encontrar.
Pouco despois a empurróns
decidíronme sacar.
Dirixíronme a unha praza
na que me estában a agardar.

Xa no centro da praza
un látego comezaron a usar,
pero non conseguiron
facerme berrar,
logo cunha medía lúa
a miña pel comezou a estalar.
Ás persoas gustáballes
ver a miña pel pinchar,
pero a pesar de todo
seguín sen protestar.

Ao levantar a cara
puidéronme contemplar,
o seu rostro
comezou a cambiar
e a algún deles
podíanse velos  chorar
xa que miña vida
lles quíxen dar
e por eles loitar
para que puidéranse
contra os outros levantar.

Pediron o meu perdón
e o señor deuse a mostrar
co seu duro rostro
para comigo falar.
Cun hacha na man
faloume sen respirar:

-“Ata os que pretendías salvar,
déronche as costas.
Pero segues a loitar.
Resistes. Por que?”
-“Porque ninguén máis o fará!”

O silencio reinou ata que
a hacha comezou a baixar.
A xente alzouse,
púxose a loitar,
unha revolución
fixen estoupar.

Cando a alma do meu corpo
se comezou a separar
sabía que a liberdade estaba
a punto de chegar.
E cun sorriso despedinme
porque miña raíña veume a buscar.